Concibimos as Vivendas Comunitarias como equipamentos e servizos que manteñan a convivencia e a actividade física e intelectual das persoas que aquí residen, considerando fundamental a conexión co entorno físico e humano fóra do Centro.

Consideramos fundamental que o usuario teña o control da súa propia vida e que se favoreza tanto a autonomía e a independencia como a convivencia e a interacción, proporcionando unha atención integral que abarque máis que o campo socio-sanitario, sendo necesaria a intervención en educación, transporte, saúde, recursos comunitarios, etc. A Vivenda proporciona algo básico,como é a vida en compañía, integrando principios de atención personalizada e profesional .